Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Área de Biblioteca e Documentación, dependente da Vicepresidencia, ten por obxecto facilitar a todo o persoal do Tribunal Supremo: Maxistrados, Fiscais, Maxistrados de Gabinete, Letrados, Secretarios e demais persoal, o acceso á información bibliográfica e documental precisa para o exercicio das súas funcións e actualización dos seus coñecementos e por extensión atender todas as solicitudes das Bibliotecas Xudiciais integrantes da Rede.
| Localización |
|
Plaza de la Villa de Paris s/n, 2ª planta Teléfonos: 913971245 - 913973230 - 913971004 |
| Horario |
|
Horario de atención ao público: Luns a Venres de 9:00 a 14:30 |
| Contactos |
|
Historia da Biblioteca
A Biblioteca do Tribunal Supremo creouse en 1939 por iniciativa do Secretario de Goberno D. Javier Tornos Laffite. A súa idea foi acollida con entusiasmo polo entón Presidente D. Felipe Clemente de Diego, que a inaugurou en 1943 nun local provisional, enriba da Sala 2ª, permanecendo alí ata que, baixo a Presidencia de D. José Castán Tobeñas, foi situada na planta principal, cun fondo de 12.000 exemplares.
No ano 1997, con motivo da remodelación do Pazo de Xustiza, esta Biblioteca histórica permaneceu na mesma situación, pero creouse unha Biblioteca para albergar o fondo bibliográfico moderno, na mesma localización que ocupara a Biblioteca do Colexio de Avogados na planta principal ao lado do Salón de Plenos.
Na actualidade a Biblioteca conta con máis de 35.600 monografías, 333 títulos de revistas, das cales, 150 están en curso de publicación.
Forma parte da Rede de Bibliotecas Xudiciais, creada polo CENDOX, colaborando na creación do Catalogo Colectivo sobre a base do sistema integrado de xestión e administración de Bibliotecas Absysnet.
Usuarios da biblioteca
Fondo histórico
O fondo histórico comprende todas as monografías e revistas publicadas ata 1901, reflectindo a variada historia da Biblioteca. Os exemplares máis antigos proceden da desamortización eclesiástica dalgún dos Conventos contiguos como o das Salesas, da Biblioteca do Marqués de Olivart e de doazóns particulares, entre as que destaca o Códice en pergamiño dos Reis Católicos doado por D. Ángel Castellanos e López en 1917.
Conta con 1148 Títulos, incorporados, dende o ano 2000, ao Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico do Estado.
Fondo moderno
O fondo moderno inclúe todas as monografías e revistas ingresadas dende 1943 ata hoxe, pero foi sendo incrementado con legados e doazóns de Maxistrados do TS como: D. Felipe Clemente de Diego, D. José Castán Tobeñas, D. Fernando Díaz Palos, D. Dámaso Ruiz Jarabo Colomer, D. Diego Espin Cánovas, D. Cándido Conde-Pumpido Ferreiro... e con Convenios como o que foi asinado coa Biblioteca Nacional de España, en virtude do cal esta cedía, en concepto de depósito, un dos tres exemplares recibidos por Depósito Legal de todos os libros xurídicos, previa selección e que se deu por concluído en 2008.