O maxistrado Leonardo Álvarez é reelixido xuíz decano de Ourense

O titular do Xulgado de Instrución número 1, que foi o único candidato, afronta o seu terceiro mandato

Autor
Comunicación Poder Judicial
O maxistrado Leonardo Álvarez é  reelixido xuíz decano de Ourense

O actual xuíz decano de Ourense, Leonardo Álvarez Pérez, foi elixido de novo para o cargo nunha xunta de xuíces celebrada hoxe. O maxistrado, titular do Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, foi o único candidato presentado a decano dos xulgados da localidade e afronta, desta forma, o seu terceiro mandato. Nacido en 1970, ingresou na carreira xudicial en 2003 e o seu primeiro destino foi o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribadavia, onde permaneceu ata 2008. Tras pasar polo Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, chegou a Ourense en 2009, onde permanece desde entón.

Leonardo márcase como obxectivos para este terceiro mandato conseguir a creación dun novo xulgado de primeira instancia, así como ampliar o persoal destes órganos, e a dixitalización completa de todas as salas de vistas.