Plan de Igualdade da Carreira Xudicial

A Comisión de Igualdade foi creada pola Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, coa finalidade esencial de asesorar ao Pleno sobre as medidas necesarias ou convenientes para integrar activamente o principio de igualdade entre mulleres e homes no exercicio das atribucións do Consello Xeral do Poder Xudicial, así como elaborar os informes previos sobre impacto de xénero dos regulamentos e mellorar os parámetros de igualdade na Carreira Xudicial.

Nesta área atópase o resumo da actividade da Comisión, dos seus Acordos e decisións, así como os adoptados por outros órganos do Consello grazas á aspiración de transversalidade da actividade da Comisión.

Tamén se localizan osinformes de impacto de xénero á actividade regulamentaria do Consello.

Encontraranse actualizadas permanentemente as estatísticas de participación de mulleres e homes na carreira xudicial: en materias como o acceso, os nomeamentos, a formación...

Por último existe un espazo para os temas relacionados coa conciliación da vida familiar-persoal e a profesional, tan importante para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.