Iberius

Iberius

A Rede Iberoamericana de Información e Documentación Xudicial, Iberius, quedou definida como unha comunidade de cooperación, concertación e apoio recíproco no ámbito da información e documentación xurídica. Dende o principio xurdiu, non como unha comunidade virtual, (non era o que o definía o ser unha Rede máis de Internet), senón unha comunidade real de cooperación.

Pero ademais partíase da necesidade de fortalecer os Poderes Xudiciais nacionais en materia de información xurídica, a través de estruturas estables e profesionalizadas, é dicir, a través de Centros de Documentación, co obxectivo de garantir a estabilidade, calidade da información, actualización permanente da mesma e a propia sustentabilidade do Proxecto.

E iso é o que marcou a definición dos dous compoñentes que integran o mesmo:

1. O Proxecto propiamente dito da Rede.

2. Os Proxectos nacionais de creación ou fortalecemento dos Centros de Documentación.

Trátase, daquela, con carácter xeral e con vocación de permanencia da creación dunha Rede Iberoamericana de Centros de Documentación Xudicial. Onde os Centros de Documentación son aqueles órganos que facilitan o acceso á información xurídica, que a sistematizan, xestionan e procesan.

Pero, para garantir a sustentabilidade da Rede, así como a calidade e actualización permanente da información, proponse a creación de Centros de Documentación, naqueles países onde non existan, ou o fortalecemento dos mesmos onde estivesen creados.

A páxina web e o Proxecto son instrumentos e medios.

Máis información:

http://www.iberius.org