Información xeral

No ámbito da cooperación xudicial internacional cada vez xogan un papel máis relevante as redes xudiciais de cooperación. Estas concíbense como un instrumento cun dobre carácter, ao permitir obter unha información detallada e directa das necesidades e instrumentos de cooperación na área afectada e, así mesmo, garanten a existencia de contactos directos e persoais cos responsables da cooperación nos distintos países integrados na rede; desta forma téñense canles directas de comunicación para a obtención de información e resolución de cuestións problemáticas.  

O CXPX posúe unha clara vocación de participación activa nestas Redes.