Contas anuais, auditorías e fiscalización

Contas anuais

Sometemento da actividade Económico-Financeira do CXPX aos principios de legalidade, de eficiencia e de economía

A actividade económico-financeira do CXPX, como órgano constitucional, estivo sometida e está, dende a súa creación e en todo momento, ademais de aos naturais controis de xestión de calquera órgano do Estado e de control interno por parte da Intervención, ao control do Tribunal de Contas, como supremo órgano fiscalizador das contas e da actividade económica do Estado.

A Intervención no Consello, como órgano de control interno, leva a cabo a fiscalización previa de todos os actos, documentos e expedientes susceptibles de producir obrigas ou dereitos de contido económico. Segundo o artigo 565 da Lei Orgánica 4/2013 do 28 de xuño, no seu punto 3", indica que o control interno do gasto do Consello Xeral do Poder Xudicial será levado a cabo por un funcionario pertencente ao Corpo Superior de Interventores e Auditores do Estado que dependerá funcionalmente do Consello Xeral do Poder Xudicial, e o control externo polo Tribunal de Contas.

As normas xerais de contratación e económico financeiras do Estado aplícanse rigorosamente a todas as actividades do Consello. O artigo .639, no seu punto 1, indica que o Consello Xeral do Poder Xudicial poderá asinar os contratos que sexan precisos para o axeitado exercicio das súas atribucións, con suxeición á lexislación de contratos do sector público.

O Tribunal de Contas fiscalizou favorablemente todas as contas de liquidación dos seus orzamentos, integradas nas Xerais do Estado, dende a súa creación

A Conta de Liquidación do Orzamento do Consello Xeral do Poder Xudicial de cada exercicio, formúlase, segundo o establecido nos artigos 87 e 92 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial do 22 de abril de 1986, polo Secretario Xeral.