Peticións de información
A actividade de información ao cidadán na súa relación cos órganos xudiciais comprende información de carácter xeral e información de carácter particular.
Información xeral
- Quen pode pedila:
A información xeral facilitarase sen necesidade de esixir acreditación algunha. - Onde obter o servizo:
Nas oficinas de atención ao cidadán que se están implantando nas sedes xudiciais e na Unidade de Atención ao Cidadán do Consello Xeral do Poder Xudicial, vía telefónica.
Tamén poderá pedila aos Decanatos, Presidencia de Tribunais e Audiencias.
Lembrámoslle que nesta páxina web están publicadas unhas guías de procedementos e trámites nas que non é preceptiva a intervención de avogado. - Que contido pode ter:
- A identificación, localización e funcións de calquera órgano da Administración de Xustiza e especialmente dos que se atopen situados na sede onde o cidadán acuda. Tamén alcanza aos organismos interrelacionados coa Administración de Xustiza.
- A información dos requisitos que a normativa vixente impoña ás actuacións que o interesado poida precisar, así como a información sobre as características xenéricas dos distintos tipos de procedementos xudiciais.
- A información relativa á repartición concreta de asuntos entre os órganos xudiciais da sede, a relativa ás normas de repartición en xeral e a difusión daqueles actos xudiciais que polo seu carácter público deban ser coñecidos, indicando lugar e data de celebración e outros datos que poidan ser de interese.
- Calquera outro dato xeral que o cidadán necesite coñecer na súa relación coa Administración de Xustiza.
- Que límites lle afectan:
- que afecte o contido da potestade xurisdicional,
- que supoña asesoramento xurídico, interpretación normativa ou valoración económica,
- que interfira no exercicio da representación ou defensa no proceso,
- que se refira a datos relativos á honra, intimidade ou propia imaxe das persoas, ou
- que se refira a actuacións declaradas secretas polo tempo que dure esta medida.
Información particular
- Quen pode pedila:
A información particular só se facilitará ás persoas interesadas en cada procedemento ou aos seus representantes legais coa debida acreditación previa. - Que contido pode ter:
Pode referirse ao estado e fase dos procedementos en tramitación, e á identificación das autoridades e persoal ao servizo da Administración de Xustiza que interveñan na tramitación dos devanditos procedementos. - Quen pode facilitala e como se tramita:
Á solicitude dos interesados e nos termos establecidos no artigo 34 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, as Presidencias e Decanatos poderán instar do titular do órgano xurisdicional que facilite a aqueles, por medio do Letrado da Administración de Xustiza ou do persoal competente dos Xulgados e Tribunais, información sobre o estado de tramitación dunhas determinadas actuacións. - Que límites ten:
A información particular está suxeita aos mesmos límites que a información xeral.