A solicitude deberá ser remitida de forma inmediata ao Xuíz de Garda ou ao Xuíz de Violencia sobre a Muller, durante as horas de audiencia, se este resulta competente.
No xulgado de garda,recibida a solicitude, o Xuíz convoca a unha audiencia urxente a:
1. A vítima
2. O solicitante se é distinto da vítima
3. Ao agresor
4. Ao Fiscal.
Terá que celebrarse NUN PRAZO MÁXIMO DE 72 HORAS
A declaración farase por separado
- Durante a mesma, o Xuíz adoptará as medidas necesarias para evitar a confrontación entre o agresor e a vítima, os seus fillos e os restantes membros da familia
Celebrada a audiencia o Xuíz dita O AUTO no que, de ser estimatorio, acorda medidas de protección á vítima.
AS MEDIDAS que pode adoptar o xuíz son, entre outras:
- Medidas penais:
a. Privativas de liberdade
b. Prohibición de aproximación (orde de afastamento)
c. Prohibición de comunicación
d. Prohibición de volver ao lugar do delito ou residencia da vítima
e. Retirada de armas ou outros obxectos perigosos
- Medidas civis (hai que solicitalas expresamente)
f. Atribución do uso e goce da vivenda
g. Réxime de custodia, visitas, comunicación cos fillos
h. Prestación de alimentos
i. Medida de protección ao menor para evitar un perigo ou prexuízo
As medidas civís teñen unha vixencia ou duración de 30 DÍAS. Si dentro de este plazo fuese incoado a instancia de la victima ó su representante legal un proceso de familia ante el Juez competente, las medidas adoptadas en la orden de protección permanecerán en vigor durante los treinta días siguientes a la presentación de la demanda. En estos 30 días el Juez civil de Familia o el Juez de Violencia sobre la Mujer debe ratificarlas, modificarlas ó dejarlas sin efecto.
A orde de protección será inscrita no REXISTRO Central para a protección das vítimas da violencia domestica, onde se deberá facer constar igualmente se queda sen efecto.
O auto de orde de protección comunícase a:
1. As partes, agresor e Fiscal
2. A vítima
3. As administracións públicas (Punto de coordinación)
4. A Policía ou Forza de Seguridade
A orde de protección confire á vítima:
- UN ESTATUTO INTEGRAL DE PROTECCIÓN que comprenderá as medidas civís e penais e as medidas asistenciais e de protección social establecidas no ordenamento xurídico. Poderá facerse valer ante calquera autoridade e Administración Pública.
- Implica o dereito da vítima a ser informada permanentemente sobre a situación procesual do agresor e a súa situación penitenciaria.