Noticias Xudicial TSX Galicia

Noticias Xudicial TSX Galicia
  1. Un xulgado de Vigo anula a cobranza realizada pola Seguridade Social por antigas cotas a unha autónoma que estivo incapacitada temporalmente

  2. O TSXG admite a trámite o recurso dunha empresa do sector eólico contra a Xunta no que lle reclama 46 millóns por autorizarlle un parque que anulou o Supremo

    • Fergo Galicia Vento esixe á administración que a indemnice polos danos e prexuízos que entende que lle causou. A decisión da Sala do Contencioso-administrativo do alto tribunal galego sobre a nulidade do proxecto da Serra do Oribio (Lugo) foi ratificado polo Tribunal Supremo. En autos nos que o TSXG ordena paralizar de forma temporal parques eólicos advirte que é un mal menor en comparación co custo que para as arcas públicas tería a súa construción se posteriormente se declarase a súa ilegalidade
  3. O Xulgado aproba modificar o convenio do R.C. Deportivo de La Coruña cos seus acredores para asegurar a viabilidade do club

    • O obxectivo, segundo a sentenza, é “evitar o incumprimento do convenio vixente polos insuficientes ingresos, debido a que desde fai catro anos non compite en competicións oficiais profesionais”. A xuíza destaca que se puido satisfacer o acordado “polo transcendental apoio de Abanca”, que mostrou a súa disposición para “prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación”
  4. O TSXG confirma a sentenza que condena a Ryanair a readmitir a unha azafata despedida en Santiago na folga de 2022

    • A empresa deberá abonar unha indemnización á demandante de 7.501 euros polos danos e prexuízos causados
  5. A xuíza decreta o arquivo da investigación do atraco dunha administración de loterías de Lugo

    • Destaca que “toda a construción da hipótese investigativa policial se funda en sospeitas”. Subliña que non existe “absolutamente ningún indicio racional de criminalidade” fronte ao loteiro
  6. Un xulgado condena a un veciño de Oza-Cesuras por inxuriar a un concelleiro a través de Facebook

    • O maxistrado destaca que tamén se referiu aos seus fillos, co propósito de “menoscabar a súa honorabilidade no desempeño das súas funcións no Concello”
  7. A Audiencia de Pontevedra impón 22 anos de cárcere ao home que asasinou á súa veciña impactando o seu vehículo contra o dela debido á súa “indiferenza” cara a el

    • No apartado de feitos acreditados, indica que os membros do xurado concluíron que “o modo en que o acusado dirixiu o seu vehículo e impactou violentamente contra o conducido pola vítima eliminou calquera posibilidade de reacción defensiva”
  8. O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións de sete parques eólicos

  9. O TSXG avala a Relación de Postos de Traballo aprobada pola Deputación Provincial de Lugo

    • Os maxistrados destacan que a confección e a modificación das RPT por parte das corporacións locais son “consecuencia da potestade de autoorganización de concellos e deputacións"
  10. O TSXG decreta que a Xunta non excedeu o número máximo de lotes de transporte escolar que a lei lle permite adxudicar ao Grupo Monbús

    • Os maxistrados rexeitaron o recurso presentado por nove compañías de transporte contra a adxudicación do lote 50, que forma parte dos 57 lotes licitados pola Xunta para a realización de roteiros de transporte escolar a 424 centros de ensino público de Galicia
  1. Previo
  2. páxina
    de 30