Catro anos e medio de prisión para un home por arrincarlle un anaco de nariz a outro dunha dentada

O tribunal condenouno tamén a indemnizar ao prexudicado en algo máis de 13.000 euros

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a catro anos e medio de prisión a un home por un delito de lesións, coa circunstancia agravante de reincidencia, ao considerar probado que o acusado, en setembro de 2014, mantivo unha discusión coa vítima e despois lle deu “una forte dentada no nariz, arrincándolle un anaco e cuspíndoo ao chan”. O tribunal condenouno tamén a indemnizar ao prexudicado en algo máis de 13.000 euros.

Para os maxistrados quedou acreditado, a través dos informes médicos e do informe forense, que, a raíz da dentada do acusado, “a vítima sufriu unha ferida na punta nasal con perda de sustancia, para cuxa curación foi precisa unha reconstrución a través de dúas intervencións cirúrxicas con ingresos hospitalarios”.