Visita virtual

Dámosche a benvida ao Tribunal Supremo. Esta visita virtual permite facer un percorrido polos principais espazos do Palacio de Xustiza navegando por fotos de 360º e acceder a información de interese sobre cada unha das salas e as obras artísticas que albergan.

A visita está adaptada a diferentes dispositivos electrónicos —ordenadores, tabletas e smartphones— e pódese facer en castelán, catalán, galego, éuscaro, inglés e francés. Podes seleccionar o idioma na barra azul da parte superior da páxina.

Ademais, os máis pequenos poderán facer unha ruta alternativa —tamén en diferentes idiomas— deseñada como un xogo de escape no que terán que superar diferentes probas relacionadas coa historia do Tribunal Supremo e do mundo da xustiza para ir dunha sala a outra.