Absolto do delito de homicidio imprudente un axente que disparou e causou a morte a un home que estaba a atacar a un compañeiro

A vítima fora batería da banda musical Los Piratas

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Penal número dous de Pontevedra absolveu do delito de homicidio imprudente ao axente da Garda Civil que en agosto de 2015 disparou e causou a morte a un home que estaba a atacar cun garfo no pescozo a un compañeiro. A vítima fora batería da banda musical Los Piratas.

Na sentenza explícase que o 26 de agosto de 2015 o axente e outros compañeiros acudiron á vivenda que o músico compartía coa súa muller e o seu bebé en Ponteareas (Pontevedra) tras recibir unha chamada que alertaba dunha suposta agresión doméstica. Os axentes e os sanitarios do 061 entraron na casa e empezaron a falar coa vítima, que cada vez "estaba cada vez máis agresivo" e dicía que os ía "a matar a todos".

Indica a resolución que nun momento dado, mentres o médico e o técnico do 061 foron á ambulancia para buscar sedantes, o músico fíxose cun coitelo e un garfo. Con estes instrumentos, "volveu de súpeto" e "abalanzouse" encima dun axente, ao que empezou a agredir á altura do nariz e na zona pectoral.

Ante esta circunstancia, explica o xuíz sobre a actuación do acusado, "consciente da situación de risco do seu compañeiro, a quen non podía auxiliar xa que el estaba situado no exterior da vivenda e dado que non tiña outro medio para evitar a agresión, sacou a pistola". "Rapidamente, cando considerou que podía facer un disparo coa finalidade de ferir” ao atacante, “disparoulle para impedir que continuase agredindo ao seu compañeiro". Na sentenza considérase probado que o axente "pretendía coa súa acción protexer a vida do seu compañeiro, tendo intención de só ferir o agresor", a pesar do que morreu ao sufrir un desgarre na vea cava inferior, posto que o proxectil alcanzoulle na zona do abdome.

Recoñécese na resolución que “ existiu unha mala realización do disparo, xa que non afectou a unha perna, como era a súa intención, senón ao hipocondrio dereito”.Tras el relato de hechos, concluye el magistrado que non é posible cualificar a conduta do acusado como grave. “Mal pode cualificarse como tal un disparo realizado coa clara intención de apuntar ás extremidades inferiores, respecto dunha persoa que se está movendo e que está agredindo a outra persoa, que, precisamente, está situada entre o tirador e o obxectivo, e ademais este disparo está realizado por unha persoa que ten pouca experiencia no emprego da arma en situación de tensión, sexa en prácticas ou ben en actuacións reais. Calquera mínimo movemento no autor do disparo ou da vítima deste pode influír na execución ou no seu resultado; por tanto, non estamos ante unha infracción do deber de coidado penalmente relevante. O contrario sería esixir comportamentos perfectos en situacións de tensión, que son totalmente alleos aos comportamentos humanos normais. Os seres humanos non son perfectos”.

Explica o xuíz que, en todo caso, o axente actuou amparado pola concorrencia dunha causa de xustificación, “xa que a súa conduta tiña a intención de defender a outro axente” dunha agresión potencialmente moi lesiva que estaba a sofrer, polo que estaría exento de responsabilidade criminal. Entende que “está acreditada a necesidade do medio empregado e ademais, dadas as circunstancias, a súa proporcionalidade”.

“Por último -recóllese na resolución- non existiu unha provocación polo acusado, as circunstancias dos feitos indican que tanto a súa actuación como das demais persoas foi correcta e a que demandaban as circunstancias do caso: primeiro tentaron calmar e razoar co señor F.F. para que os acompañase voluntariamente, coa finalidade de trasladalo a un centro médico axeitado ás súas circunstanciadas, pero, ante a súa conduta e a imposibilidade de razoar, decidiron conducilo contra a súa vontade; pero en ningún momento existiu unha provocación, o comportamento era axeitado e incluso o demandado polo Dereito. En caso de que tanto os médicos como os axentes da Garda Civil negasen o auxilio ao señor F.F., se se desentendesen del, poderían cometer un delito de omisión do deber de socorro. Pola contra, actuaron correctamente e ningún reproche debe facerse ao seu actuar”.