Recurso de casación na orde contenciosa-administrativo

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aprobou, na súa reunión celebrada o 27 de maio de 2016, os criterios de actuación no recurso de casación contencioso-administrativo presentado ante este tribunal por infracción de normas emanadas da comunidade autónoma, así como na forma do escrito de preparación do recurso de casación ante o Tribunal Supremo e noutros extremos de interese.

Entendeuse necesario polos compoñentes da Sala do contencioso-administrativo do alto tribunal galego que na sección de casación debe haber un maxistrado/a da sección da que proceda a sentenza recorrida e que non formase parte do tribunal sentenciador.

En relación á extensión e condicións dos escritos aplicarase orientativamente o aprobado para o efecto pola Sala de Goberno do Tribunal Supremo.

Ademais, o Pleno da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aprobou, en sesión celebrada o día 19 de abril de 2022, unha ampliación dos criterios sobre admisión dos recursos de casación por infracción de normativa autonómica. A Sala de Goberno do TSXG aprobou eses criterios o 22 de abril de 2022.