Desestimada a demanda presentada por Pescanova pola ampliación de capital de Nova Pescanova

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra, en sentenza de 26 de xuño de 2018, publicada no día de hoxe, acordou desestimar a demanda presentada por Pescanova S.A. impugnando a ampliación de capital aprobada na xunta xeral de socios de Nueva Pescanova S. L. celebrada o 19 de abril de 2017. O maxistrado entende que non está acreditada a abusividade dos acordos de ampliación de capital.