Catorce anos de prisión por agredir sexualmente á empregada dunha ONG que o acolleu

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condena a un home a catorce anos de prisión por un delito de agresión sexual.

O tribunal considera probado que o home, que se atopaba no piso dunha ONG gozando dun permiso penal, agrediu a unha empregada da entidade, a quen deberá indemnizar con 25.000 euros.