Primeiras sentenzas de Audiencias galegas sobre retroactividade de cláusulas chan

As Audiencias Provinciais de Lugo e Pontevedra ditaron as primeiras sentenzas nas que se aplica o fallo do TXUE sobre retroactividade das cláusulas chan

Autor
Comunicación Poder Judicial

No caso concreto analizado pola Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, a Sala entende que unha vez descartada a postura do banco de que se trataba dunha “cousa xulgada” e de que concorría “perda sobrevinda de obxecto”, o debate centrábase na data á que debía retrotraerse a nulidade, isto é, “se debe estarse ao momento de celebración do contrato -como interesa a parte demandante-, ou á data de publicación da primeira das sentenzas da Sala 1ª do Tribunal Supremo que acordou a nulidade por falta de transparencia -como defende a demandada e acolle a sentenza recorrida-“.

Os maxistrados, en aplicación da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que sostén que non cabe limitar no tempo os efectos da declaración de nulidade sen contravir o Dereito comunitario, condenan á entidade a abonar aos demandantes as cantidades indebidamente satisfeitas desde a data de celebración do contrato de préstamo con garantía hipotecaria.

De forma similar, e en aplicación da mesma resolución do TXUE, a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo dá a razón aos clientes no sentido de que “a extensión dos efectos da nulidade da cláusula comporta a devolución íntegra do indebidamente percibido” pola entidade bancaria en aplicación da cláusula chan.