O Xulgado do Penal nº1 de Ourense absolve ao alcalde da Pobra de Trives do delito de prevaricación

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Penal nº1 de Ourense absolve ao alcalde da Pobra de Trives do delito de prevaricación administrativa polo que foi xulgado tras a denuncia presentada polos partidos da oposición tras o levantamento por parte do alcalde dun pleno extraordinario en xaneiro de 2014.

Entende a maxistrada que non concorren os requisitos para considerar os feitos como constitutivos dun delito, "tendo en conta que non consta ningún informe da secretaria accidental, nin do secretario-interventor, asesor da Deputación Provincial de Ourense, con comisión circunstancial para ese efecto, nin da empresa Lexdynamic, no que se advirta ao alcalde que o levantamento da sesión do pleno extraordinario sinalado para o día 24 de xaneiro de 2014 supoñería unha infracción penal".