O TSXG condena aos responsables dun club de alterne próximo a Peinador por non dar de alta na Seguridade Social ás súas traballadoras

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou ao administrador e ao encargado dun club de alterne próximo ao aeroporto de Peinador a un ano de cárcere e a pagar á Tesourería Xeral da Seguridade Social 27.886 euros. Os maxistrados acolleron os recursos de apelación interpostos polo Ministerio Fiscal e a Seguridade Social contra a sentenza absolutoria emitida pola Audiencia Provincial de Pontevedra e condenáronos como autores dun delito contra os dereitos dos traballadores.

O alto tribunal galego entende que a actividade denominada de alterne “reúne, precisamente, todas as notas que a caracterizan e xustificaba, con independencia doutras actividades posteriores, o alta na Seguridade Social das 26 cidadás estranxeiras que exercían esas actividades e que non estaban dadas de alta na Seguridade Social”. A Audiencia, pola contra, considerou que non quedara acreditada a existencia dunha actividade “que se puidese cualificar de relación laboral entre as mulleres e a sociedade que rexenta o club”.