Dous anos de prisión para un home por facer tocamentos a unha menor en Ourense

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a dous anos de prisión a un home por un delito de abuso sexual tras considerar probado que realizou tocamentos a unha menor de 15 anos no seu propio domicilio, a onde acudira para deixar unha garrafa de viño para o pai da vítima. O fallo recolle tamén a prohibición de achegarse a menos de 200 metros do domicilio da menor, o seu centro de estudos ou lugar de traballo no próximos cinco anos.

Segundo se recolle na sentenza, o acusado "agarrou á menor pola cintura e comezou a tocala por encima da roupa", mentres que lle "dicía que era unha cousa normal". O home cedeu a súa actitude "tras zafarse a menor" que, segundo o fallo xudicial, "non resultou con secuelas".