Un xulgado prohibe a Gas Natural emitir facturas de consumo cunha demora superior a un ano

Considera igualmente abusiva e ilícita a interrupción da subministración e a inscrición do cliente nun ficheiro de solvencia patrimonial nos casos en que non sexan abonadas as facturas emitidas nestas circunstancias

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña estima a demanda interposta pola Fiscalía contra Gas Natural e declara que a conduta consistente en facturar consumos de enerxía eléctrica xerados en períodos anteriores a un ano tomando como referencia a data na que se expiden as facturas é abusiva e, por tanto, ilícita. Así mesmo, considera igualmente abusiva e ilícita a interrupción da subministración e a inscrición do cliente nun ficheiro de solvencia patrimonial nos casos en que non sexan abonadas as facturas emitidas nestas circunstancias.

A sentenza prohibe a Gas Natural emitir no futuro facturas de consumo de enerxía eléctrica cunha demora superior a un ano, así como a interrupción da subministración ou a inclusión dos clientes nos mencionados ficheiros. O xuíz tamén acorda que o fallo se comunique ao Ministerio de Industria e Enerxía, “por se procede impoñer á empresa demandada sancións de carácter administrativo, de conformidade co establecido na Lei 24/2013 do sector eléctrico”. A sentenza non é firme e contra ela cabe recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña.