O TSXG confirma a condena por malversación a unha muller que quedou con 12.000 euros do Concello de Viveiro

A Sala confirma a resolución da Audiencia Provincial de Lugo, que conforme ao veredicto do Tribunal de Xurado condenouna como autora dun delito de malversación de caudais públicos á pena de 1 ano e 6 meses de prisión

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sala do Civil e Penal do TSXG desestimou o recurso de apelación interposto por unha muller que traballou no Servizo de Recadación Municipal do Concello de Viveiro.

A Sala confirma a resolución da Audiencia Provincial de Lugo, que conforme ao veredicto do Tribunal de Xurado condenouna como autora dun delito de malversación de caudais públicos, coa concorrencia da circunstancia atenuante de dilacións indebidas, á pena de 1 ano e 6 meses de prisión e multa de 7 meses e 16 días cunha cota diaria de 6 euros, así como a 3 anos e medio de inhabilitación especial para cargo ou emprego público.

O xurado considerou probado que a acusada quedou con 12.000 euros da caixa de recadación do Concello de Viveiro.