As respostas fronte á violencia centrarán este ano os debates da Escola de Verán do Poder Xudicial

O vogal do CXPX Juan Manuel Fernández inaugurará mañá ás 19.00 horas os cursos, que terminarán o 13 de xullo. Os relatores abordarán temas como a violencia de xénero, os delitos de acoso ou o uso das redes sociais

Autor
Comunicación Poder Judicial

A violencia, estudada e analizada desde diferentes puntos de vista, non só desde o xurídico, será o tema central da Escola de Verán do Poder Xudicial, que se inaugura mañá ás 19.00 horas no pazo de  Mariñán (Bergondo).

Os cursos teñen como obxectivo profundar nos motivos sociolóxicos que xeran a violencia, así como escoitar a quen a sofre, para debater sobre se a resposta xudicial é sempre a máis adecuada ou se é posible outra réplica máis efectiva, tanto para as vítimas como fronte aos autores.

O vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial Juan Manuel Fernández inaugurará mañá a Escola, que se celebrará do 3 ao 13 de xullo. No acto tamén participarán o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o deputado provincial Bernardo Fernández Piñeiro.

A Escola de Verán, que cumpre este ano a súa vixésimo primeira edición, organízase baixo o título O poder xudicial fronte á violencia. Cos vogais do CXPX Juan Manuel Fernández e Álvaro Cuesta como directores académicos, os relatores tratarán asuntos como a violencia de xénero, a violencia nas redes sociais ou os delitos de acoso.