Condenado por desobediencia o alcalde da Merca por non derrubar unha vivenda

Como responsable dun delito de desobediencia

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Penal número 1 de Ourense condenou ao pago dunha multa de 700 euros e a catro meses de inhabilitación ao alcalde da Merca como responsable dun delito de desobediencia. De acordo coa sentenza, dita inhabilitación supón que Manuel Jorge V.R. “vese privado da condición de alcalde do Concello da Merca”.

Indica o fallo, que non é firme, xa que se pode recorrer ante a Audiencia Provincial de Ourense, que “non poderá obter o devandito cargo durante o tempo da condena, nin tampouco o de tenente de alcalde, concelleiro ou calquera outro de natureza electiva e ámbito local que implique participación no goberno municipal. Tampouco poderá obter cargos de goberno no ámbito provincial, autonómico ou estatal durante o tempo da condena”.

Lembra o xuíz nos fundamentos da sentenza que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “requiriu de maneira reiterada” ao acusado para que procedese á demolición dunha vivenda, o que non se executou, a pesar das advertencias, ata que se deduciu testemuño por un posible delito de desobediencia e se incoaron dilixencias previas no Xulgado de Celanova.