O TSXG condena á Xunta a indemnizar a unha empresa eólica pola paralización de proxectos

Condena á Xunta a abonar á recorrente algo máis de 842.000 euros

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG estima en parte o recurso interposto pola entidade Ventauria Enerxía Rural e declara a responsabilidade patrimonial da Xunta polos danos e prexuízos sufridos pola empresa como consecuencia da decisión da Consellería de Economía e Industria de suspender a tramitación de procedementos de autorización de instalacións mentres non se aprobada unha nova lei que cambiou o modelo de aproveitamento eólico.

O tribunal condena á Xunta a abonar á recorrente algo máis de 842.000 euros, máis os intereses legais desde a data da reclamación en vía administrativa, por ver frustrada de forma sobrevinda a posibilidade de desenvolver as instalacións que foron obxecto dos expedientes de autorización dos parques eólicos Porteliña, Outeiro do Home, Coto da Lebre e San Sebastián.