Rexistro Civil

O Rexistro Civil é a institución que ten por obxecto dar publicidade e cooperar na constatación dos feitos e actos que acontecen durante a vida das persoas.

A súa competencia, por tanto, esténdese á práctica das inscricións que afectan ao nacemento, matrimonio civil nas súas variadas formas, defunción e tutelaxe, así como a outras representacións legais.

No Rexistro Civil inícianse e tramítanse tamén expedientes de adquisición da nacionalidade española e de adopción internacional, inscríbense os nacementos e defuncións fóra de prazo, tramítase o cambio de nome ou de apelidos e a rectificación de erros, obtéñense declaracións con valor de simple presunción, autorízanse as doazóns de órganos vivos para o seu transplante e expídense as fes de vida, solteiría e viuvez xunto coas licencias de inhumación trala inscrición do falecemento.