Expertos debaten na Escola de Verán sobre a fiabilidade das probas forenses psicolóxicas

Os especialistas proporcionan claves aos membros da carreira xudicial para interpretar os estudos derivados das ciencias do comportamento

Autor
Comunicación Poder Judicial
La vocal del CGPJ Roser Bach y el doctor en psicología, criminólogo y profesor catedrático de la Universidad de Valencia Vicente Garrido
La vocal del CGPJ Roser Bach y el doctor en psicología, criminólogo y profesor catedrático de la Universidad de Valencia Vicente Garrido

Doutores en psicoloxía analizaron hoxe durante a primeira xornada da Escola de Verán do Poder Xudicial, que se celebra ata o 12 de xullo no pazo de Mariñán, os procedementos para aplicar as probas forenses relacionadas coa psicoloxía aos procedementos xudiciais. O doutor en psicoloxía, criminólogo e profesor catedrático da Universidade de Valencia Vicente Garrido Genovés abriu o curso co relatorio titulado A proba forense criminolóxica: unha guía para os operadores xurídicos.

O experto expuxo as directrices que deben seguir os membros da carreira xudicial para determinar a fiabilidade ou validez destas probas, entre as que destaca que o experto empregue unha teoría ou técnica empiricamente contrastable e que a súa metodoloxía sexa a adecuada. Garrido destacou durante a súa intervención que para os tribunais a proba forense, no caso das ciencias sociais e do comportamento, “presenta, en moitas ocasións, unha maior dificultade na súa valoración que a que se deriva das denominadas ciencias duras ou experimentais”, polo que expuxo unha batería de preguntas dirixidas aos peritos para que a carreira xudicial poida coñecer con maior exactitude de que maneira elaboraron os seus estudos.

A necesidade de utilizar coñecementos validados cientificamente en cada un dos momentos da proba foi abordada pola doutora en psicoloxía e profesora titular da Universidade de Salamanca Carmen Herrero Alonso, quen incidiu na importancia “da súa calidade e fiabilidade”. Baixo o título Psicoloxía e ciencias forenses: retos para a admisibilidade e interpretación da proba, a especialista reflexionou sobre o estatus outorgado á psicoloxía fronte a outras disciplinas forenses, que propiciou, segundo Ferreiro, “o risco de acudir ao sentido común, ás impresións subxectivas ou a coñecementos pseudocientíficos, en especial cando se trata de probas persoais”.

A relatora analizou sentenzas recentes do Tribunal Supremo nas que asegurou que se fixaron “criterios orientativos de valoración das declaracións das vítimas” ou nas que afirmou constatar “erros de conceptualización de diversos instrumentos utilizados para interpretar e valorar o comportamento humano”. Herrero deu claves para superar as principais fontes de sesgo nas ciencias forenses e indicou que, principalmente, son “debidas ao factor humano”.

“As máximas da experiencia non se deben contradicir ás da ciencia”, salientou a especialista. Nesta primeira xornada da Escola de Verán tamén interveu o maxistrado titular do Xulgado de Instrución número 9 de Valencia, Miguel Ángel Casañ Llopis, quen profundou na aplicación práctica das ciencias do comportamento no proceso penal.

Galería de imaxes

La vocal del CGPJ Roser Bach y el doctor en psicología, criminólogo y profesor catedrático de la Universidad de Valencia Vicente Garrido

La vocal del CGPJ Roser Bach y el doctor en psicología, criminólogo y profesor catedrático de la Universidad de Valencia Vicente Garrido

El vocal del CGPJ Enrique Lucas y la profesora titular de la Universidad de Salamanca Carmen Herrero

El vocal del CGPJ Enrique Lucas y la profesora titular de la Universidad de Salamanca Carmen Herrero

El vocal del CGPJ Enrique Lucas y el magistrado Miguel Ángel Casañ

El vocal del CGPJ Enrique Lucas y el magistrado Miguel Ángel Casañ