Condenan ao Sergas por unha intervención realizada en Ferrol sen o consentimento informado cumprimentado de forma correcta

O tribunal eleva a indemnización a 30.000 euros

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sala do contencioso-administrativo do TSXG condena ao Sergas a indemnizar á familia dunha paciente que faleceu tras unha intervención no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol ao considerar que o impreso do consentimento informado non se cumprimentou de maneira correcta.

A Sección Primeira "non aprecia mala praxe asistencial por parte dos servizos públicos sanitarios, pero si observa, en cambio, deficiencias na información fornecida á paciente tendente a obter o seu consentimento para as diferentes prácticas médicas" ás que se lle someteu.

O tribunal eleva a indemnización que fora fixada polo xulgado de Ferrol que viu o caso en primeira instancia e acorda que o marido da falecida reciba 25.000 euros e o fillo, 5.000 euros.