O Xulgado declara en concurso de acredores a empresa Isidro de la Cal

A empresa, segundo o auto, “aparentemente, carece de fondos de manobra, de tesourería e activos realizables a curto prazo para atender as débedas xa vencidas”

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña declarou en situación legal de concurso voluntario a entidade Isidro de la Cal. A empresa, segundo o auto, “aparentemente, carece de fondos de manobra, de tesourería e activos realizables a curto prazo para atender as débedas xa vencidas”. A “perspectiva dunha imposibilidade de facer fronte á situación” sitúa a compañía, segundo a resolución, “ante a perspectiva dun inminente sobresemento xeneralizado das súas obrigas esixibles, que xa anticipa claramente o desequilibrio contable entre o pasivo esixible a curto prazo e un activo circulante”.

No auto, ademais, o Xulgado do Mercantil número 1 nomea o administrador concursal. O actual administrador da empresa e os que desempeñen o cargo de administradores ou apoderados xerais nos dous anos anteriores á emisión do auto teñen a obriga de comparecer persoalmente perante o xulgado e ante a administración concursal “cantas veces sexan requiridos”, así como o deber “de colaborar e informar en todo o necesario ou conveniente para o interese do concurso”.