Composición

José María Gómez y Díaz-Castroverde
José María Gómez y Díaz-Castroverde

O Tribunal Superior de Xustiza estará integrado polas seguintes salas: do Civil e Penal, do Contencioso-Administrativo e do Social.

 Comporase dun presidente, que o será tamén da súa Sala do Civil e Penal e terá a consideración de maxistrado do Tribunal Supremo mentres desempeñe o cargo; dos presidentes de Sala e dos maxistrados que determine a lei para cada unha das salas e, de ser o caso, das seccións que se poidan crear dentro dela.

O Presidente do Tribunal Superior de Xustiza posúe a representación xudicial na comunidade autónoma de Galicia. Dirixe a inspección dos xulgados e tribunais do territorio e preside a Sala de Goberno. Esta última exerce as súas competencias gobernativas no propio tribunal e con respecto aos órganos xudiciais de Galicia.

É nomeado polo Consello Xeral do Poder Xudicial por un período de cinco anos.

O TSXG inaugurouse o 23 de maio de 1989 e, desde entón, ocuparon a súa Presidencia os seguintes maxistrados:

D. José Cora Rodríguez (maio 1989 - maio 1990)

D. José Ramón Vázquez Sandes (maio 1990 - setembro 1999)

D. Jesús Souto Prieto (novembro 1999 - marzo 2006)

D. Antonio González Nieto, presidente en funcións (marzo 2006 - febreiro 2009)

D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira (febreiro 2009 - abril 2019)

D. Antonio Jesús Outeiriño Fuente, presidente en funcións (abril 2019 - setembro 2019)

D. José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente (setembro de 2019 – actualidade)