Condenan ao Sergas a indemnizar a un paciente polas listas de espera

Para o maxistrado, “a Administración pública sanitaria funcionou de maneira deficiente e mesmo irracional”

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado Contencioso-Administrativo nº 1 de Ourense condenou ao Sergas, nunha sentenza contra a que non cabe recurso de apelación, a indemnizar a un paciente en 10 000 euros polos prexuízos padecidos ao ter que acudir á sanidade privada ante as excesivas listas de espera do Servizo de Neurología do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Na resolución indícase que “con toda evidencia a Administración demandada incorreu neste caso nun funcionamento anormal, incorrecto, deficiente máis aló do tolerable para o servizo público de que se trata” e engade que “é lóxico que nesta tesitura o paciente se angustiase e acudise á sanidade privada”. Para o maxistrado, “a Administración pública sanitaria funcionou de maneira deficiente e mesmo irracional”.