Tres anos de prisión e abono de 63.000 euros de indemnización por deixar cego dun ollo a un mozo

Golpeou a varios mozos sen mediar ningún tipo de discusión entre eles

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña condena a tres anos de prisión por un delito de lesións a un home que golpeou a varios mozos sen mediar ningún tipo de discusión entre eles no exterior do edificio Palexco. A consecuencia da agresión, unha das vítimas quedou cega dun ollo.

O tribunal fixa en 63.000 euros a indemnización que debe abonar a este prexudicado, de quen tamén lle impón unha orde de afastamento.