Sete anos e medio de prisión por intentar matar á parella da súa ex-muller

A Sala considérao culpable dun delito de violación de morada en concurso medial cun delito de homicidio en grao de tentativa

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección 1ª da Audiencia Provincial da Coruña condena a sete anos e medio de prisión a un home que tratou de acabar coa vida da parella da súa ex-muller. A Sala considérao culpable dun delito de violación de morada en concurso medial cun delito de homicidio en grao de tentativa, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de anomalía psíquica.

A sentenza considera probado que o acusado entrou na vivenda por unha xanela que estaba aberta e esperou ata que o prexudicado saíu do baño para golpealo cun machado na cabeza