Presidente

O presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial é a primeira autoridade xudicial da Nación, ten a representación do poder xudicial e do seu órgano de goberno, e correspóndenlle o tratamento e os honores inherentes a tal condición.(Artigo 585 LOPX)

Actualmente, preside o Tribunal Supremo o Excmo. Sr. D. Francisco Marín Castán, (e.f.).

Appointment

artigo 586 da LOPX dispón:

  1. Para ser elixido presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial será necesario ser membro da carreira xudicial coa categoría de maxistrado do Tribunal Supremo e reunir as condicións exixidas para ser presidente de sala deste, ou ben ser un xurista de recoñecida competencia con máis de vinte e cinco anos de antigüidade no exercicio da súa profesión.
  2. Na sesión constitutiva do Consello Xeral do Poder Xudicial, que será presidida polo vogal de máis idade, deberán presentarse e facerse públicas as diferentes candidaturas, sen que cada vogal poida propor máis dun nome.
  3. A elección terá lugar nunha sesión que se celebrará entre tres e sete días máis tarde, e será elixido quen en votación nominal obteña o apoio da maioría de tres quintos dos membros do Pleno.
  4. O presidente do Tribunal Supremo será nomeado polo rei mediante real decreto referendado polo presidente do Goberno.
  5. O presidente do Tribunal Supremo prestará xuramento ou promesa ante o rei e tomará posesión do seu cargo ante o Pleno do dito Alto Tribunal.

Term of office

The term of office of the President of the Supreme Court and of the General Council of the Judiciary is the same as the term of office of the Council that elected him or her. A president can be elected and appointed for one further term.(Article 587 LOPJ [Organic Law on the Judiciary]).

Administrative status

If the President of the Supreme Court and of the General Council of the Judiciary is a member of the judiciary, his or her administrative status will be “special service”. If he or she is not a member of the judiciary, the administrative status, where applicable, will conform to the body of origin. (Article 593 LOPJ).

Duties

The President's duties in the Supreme Court, aside from his or her duties as President of the General Council of the Judiciary, are defined in Article 160 of the Organic Law on the Judiciary as those corresponding to Presidents, and are as follows:

1. Convocar, presidir e dirixir as deliberacións da sala de goberno.

2. Fixar a orde do día das sesións da sala de goberno, na que deberán incluírse os asuntos que propoñan polo menos dous dos seus compoñentes.

3. Someter cantas propostas considere oportunas en materia de competencia da sala de goberno.

4. Autorizar coa súa sinatura os acordos da sala de goberno e velar polo seu cumprimento.

5. Coidar do cumprimento das medidas adoptadas pola sala de goberno para corrixir os defectos que existisen na Administración de Xustiza, se estivesen dentro das súas atribucións e, noutro caso, propoñerlle ao Consello, de acordo coa sala, o que considere conveniente.

6. Despachar os informes que lle pida o Consello Xeral do Poder Xudicial.

7. Adoptar as medidas necesarias, cando xurdan situacións que pola súa urxencia o requiran, e dar conta delas na primeira reunión da sala de goberno.

8. Dirixir a inspección dos xulgados e tribunais nos termos establecidos nesta lei.

9. Determinar o reparto de asuntos entre as salas do tribunal da mesma orde xurisdicional e entre as seccións destas, de acordo coas normas aprobadas pola sala de goberno.

10. Presidir diariamente a reunión dos presidentes de salas e maxistrados e coidar da composición das salas e seccións conforme o art. 19 desta lei.

11. Exercer todos os poderes dirixidos á boa orde do tribunal ou audiencia respectivo, así como ao cumprimento dos seus deberes por parte do seu persoal.

12. Comunicarlle ao Consello Xeral as vacantes xudiciais e as prazas vacantes de persoal auxiliar do respectivo tribunal ou audiencia.

13. Oír as queixas que lles fagan os interesados en causas preito e adoptar as prevencións necesarias.

14. As demais previstas na lei.”

O Presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial estará asistido por un Director/a de Gabinete da Presidencia, nomeado/a e cesado/a libremente por el (art. 594 LOPX).