O TSXG avala o decreto da Xunta sobre o uso de apartamentos e vivendas turísticas

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sala do Contencioso-Administrativo -Sección Primeira- do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso interposto pola Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia contra o decreto da Xunta polo que se regula o uso de vivendas e apartamentos turísticos.

Os maxistrados do alto tribunal galego entenden axustados a dereitos cada un dos artigos da regulación autonómica sobre os que a Asociación centra a súa impugnación. Desta maneira, entende a Sala que o decreto non "vulnera o dereito á liberdade de empresa e a libre competencia no sector dos servizos de aloxamento", como a recorrente denunciara.