Catorce anos de internamento por matar á súa muller en Vigo cando sufría ideas delirantes

O presidente do tribunal estableceu unha indemnización para o fillo da vítima de 90.000 euros

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou a medida de internamento por un período máximo de 14 anos nun establecemento adecuado ao tipo da súa alteración psíquica para o home xulgado por acabar coa vida da súa muller tirándoa pola xanela da casa na que convivían en Vigo. En aplicación do decidido polo xurado popular, o presidente do tribunal absólveo do delito de homicidio polo que foi acusado, ao apreciar a eximente completa de alteración psíquica. O maxistrado aclara na sentenza que non poderá saír do centro psiquiátrico sen autorización da autoridade xudicial competente.

O xurado considerou probado que o acusado "ao tempo de producirse os feitos, e xa desde uns meses antes, estaba afectado por unha ideación delirante de dano/prexuízo de tipo persecutorio centrado na súa muller, da que estaba convencido de que o estaba envenenando para matalo e quedarse cos seus cartos, o que anulou as súas facultades cognitivas e volitivas á hora de matala". O presidente do tribunal estableceu unha indemnización para o fillo da vítima de 90.000 euros.