O CXPX prorroga o reforzo para a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra

A Comisión Permanente tivo en conta a evolución e situación do órgano para acordar a medida

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou na súa reunión de hoxe prorrogar o reforzo para a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. Acordou a renovación da comisión de servizo con relevación de funcións por un período de seis meses a favor de Eugenio Francisco Míguez Tabarés, titular do Xulgado de Primeira Instancia número de 11 de Vigo.

A medida fundaméntase na evolución e situación da mencionada sección, cun tempo de resposta por enriba da media da comunidade a pesar de que a dedicación do órgano supera o indicador marcado polo Consello Xeral do Poder Xudicial. O reforzo do que goza a sección permitiu que a pendencia diminuíse de forma constante desde o inicio de 2015, ao que contribuíu tamén a entrada de asuntos, que desde 2014 non alcanza o módulo establecido.