Dous anos de prisión por abusos sexuais á súa filla discapacitada

A Sala condena tamén ao acusado a non poder achegarse a ela a menos de 300 metros, nin a comunicarse por un período de cinco anos

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a dous anos de cárcere a un home por abusos sexuais en 2011 á súa filla con discapacidade intelectual. A Sala condena tamén ao acusado a non poder achegarse a ela a menos de 300 metros, nin a comunicarse por un período de cinco anos. Ademais, deberá indemnizala con 6.000 euros e facerse cargos das costas procesuais.

A Audiencia sinala que o relato dos feitos se considera probado "pola declaración da vítima" e a súa "verosimilitude", xunto ás probas testificales, as periciais psicolóxicas e do médico forense. En concreto, a Sala considera que "o principal elemento corroborador" da culpabilidade do acusado reside en que outra das fillas do condenado interrompeu ese día de 2011 na habitación na que se atopaba o seu pai "tombado encima" da súa irmá e "realizando cando menos tocamentos de contido sexual".