O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións de sete parques eólicos

Autor
Comunicación Poder Judicial

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)  acordou a suspensión das autorizacións outorgadas pola Xunta de Galicia para os proxectos de sete parques eólicos -Rodicio II, Alto de Montouto, Meirama, Monte da Croa, Gato, Cunca e Serra do Farelo- e outro auto no que rexeita a medida cautelar interesada por unha asociación ecoloxista referente ao parque eólico Uxo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu ata hoxe 42 autos nos que decide sobre as solicitudes de suspensións cautelares de autorizacións administrativas e de construción de 30 parques eólicos. En 27 das resolucións os xuíces acolleron as peticións -Ventumelo, Porto Vidros, Banzas, Monte Neme, Zamorra, Touriñán II, Felga, Rodeira, O Cerqueiral, Chao do Marco, Monte Peón, As Encrobas, Pico Seco, Serra do Faro Ampliación II, As Penizas, Figueiras, Reboiro, Alto da Telleira, Troitomil, Outeiro Grande, Rodicio II, Alto de Montouto, Meirama, Monte da Croa, Gato, Cunca e Serra do Farelo-; e, no resto (3) -Vilartoxo, Neboada e Uxo-, as rexeitaron.