A Audiencia da Coruña absolve a un home acusado de atropelar mortalmente a un veciño en Cedeira

Dita sentenza absolutoria dos delitos de asasinato, obstrución á xustiza e homicidio imprudente polos que fora xulgado

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, de conformidade coa decisión do xurado popular de considerar non culpable ao home acusado de atropelar mortalmente a un veciño en Cedeira, dita sentenza absolutoria dos delitos de asasinato, obstrución á xustiza e homicidio imprudente polos que fora xulgado.

O xurado considerou probado que o condutor, no momento de cometer o atropelo, ignoraba a identidade do peón que camiñaba pola calzada, un home quen denunciara ao acusado en múltiples ocasións. Concluíu tamén que “no momento do accidente tentou evitar o atropelo dando un volantazo á esquerda no mesmo momento de producirse, chegando a invadir o carril contrario”.