Que é a Sala de Gobierno

A Sala de Goberno é o órgano de goberno interno dos xulgados e tribunais da Comunidade Autónoma. Cumpre tarefas organizativas e administrativas.

As salas de goberno do tribunai superior de xustiza estará constituída polo presidente destes, que as presidirá, polos presidentes das salas neles existentes, polo presidente da audiencia provinciai da comunidade autónoma e por un número igual de maxistrados ou xuíces, elixidos por tódolos membros da carreira xudicial destinados nela. Un, polo menos, dos componentes da sala será da categoría de xuíz, salvo que non houbese candidatos desta categoría.

As salas de goberno reuniranse, polo menos, dúas veces por mes, a non ser que non houbese asuntos pendentes, e cantas veces, ademais, teñan que tratar de asuntos urxentes de interese para a Administración de xustiza, cando o considere necesario o presidente do tribunal superior de xustiza, cando o solicite a terceira parte dos seus membros mediante proposta razoada e con expresión do que deba ser obxecto de deliberación e decisión, ou cando o solicite o secretario de gobernó a fin de tratar cuestións que afecten oficinas xudiciais ou secretarios xudiciais que del dependan. A convocatoria será feita polo presidente, con expresión dos asuntos que se van tratar.