Información xeral

Mediante elas trátase de establecer e manter relacións e potenciar a comunicación e intercambio con outras institucións estranxeiras análogas ao CXPX, así como con organizacións internacionais e outras institucións e actores do sector Xustiza, fortalecendo a presenza e proxección internacional do CXPX e dos xuíces e maxistrados españois nos foros e eventos relacionados coa Xustiza.

En concreto a acción neste ámbito céntrase en:

  • Développer des relations de caractère institutionnel, que ce soit à vocation de permanence ou simplement conjoncturelles, avec des institutions étrangères analogues au CGPJ, comme avec d’autres Pouvoirs Judiciaires et institutions et acteurs du secteur Justice.
  • Reforzar a presenza institucional do Consello, e dos xuíces e maxistrados españois, nos foros e órganos internacionais relacionados co Poder Xudicial, particularmente nos de Iberoamérica, a Unión Europea e o Consello de Europa.

Dentro destas dúas grandes liñas de acción, a actuación que ata o momento presente se vén realizando concrétase nas seguintes actividades e procesos:

  1. Participación do CXPX na Rede Europea de Consellos do Poder Xudicial (www.encj.eu).
  2. Integración do CXPX no Cumio Xudicial Iberoamericano, concibido e desenvolvido como espazo vertebrador da concertación e cooperación entre as máximas instancias xurisdicionais e de goberno dos Poderes Xudiciais dos 23 países que integran a Comunidade Iberoamericana de Nacións. A devandita integración concrétase en:
    • Aula Iberoamericana: Programa de capacitación a través de bolsas financiadas, entre outras instancias, polo CXPX, destinado a xuíces e maxistrados iberoamericanos, e dirixido nos seus aspectos académicos e loxísticos polo Servizo de RRII e a Escola Xudicial do CXPX.
    • Rede Iberoamericana de Centros de Documentación Xudicial (Iberius). Deseñada como unha comunidade de cooperación, concertación e apoio recíproco entre os Centros e Unidades de Información e Documentación Xudicial dos países iberoamericanos, o CXPX exerce, a través do CENDOX, a Secretaría da Rede, coordinando as súas actividades e contidos, entre os que merece destacar o mantemento da páxina web da rede: www.iberius.org, e a edición especial da Biblioteca Xurídica do CXPX para a súa doazón a todos os xuíces e maxistrados latinoamericanos.
    • Rede Iberoamericana de Escolas Xudiciais (Riaex). Concibida como unha comunidade de enlace para a cooperación, concertación e apoio recíproco entre as Escolas Xudiciais e centros públicos de capacitación xudicial de Iberoamérica, o CXPX participa, a través da Escola Xudicial, na Xunta Directiva da Rede.
    • Centro Iberoamericano de Capacitación Xudicial Virtual (Ciacxv). Deseñado como subproduto da Riaex, aspira a facilitar unha plataforma tecnolóxica para o desenvolvemento de cursos de capacitación virtual para xuíces e maxistrados iberoamericanos.
    • Rede Iberoamericana de Cooperación Xudicial Internacional (IberRede).
    • Divulgación e desenvolvemento dende a Secretaría Permanente dos produtos axiolóxicos do Cumio: o Estatuto do Xuíz Iberoamericano, Carta de Dereitos das Persoas ante a Xustiza no Espazo Xudicial Iberoamericano e Código Ético Xudicial Iberoamericano.
  1. Fomentar a presenza do CXPX en organismos e eventos internacionais: Consello Europeo para a Eficacia da Xustiza (CEPEX), Consello Consultivo de Xuíces Europeos; Conferencia Europea de Xuíces; Cumios de Cortes Supremas de Centroamérica e MERCOSUR, Rede Europea de Escolas Xudiciais, International Organisation of Judicial Training (IOJT); Conferencia de A Haia, Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa (OSCE) entre outras.
  2. Realizar Encontros bilaterais con outros Poderes Xudiciais: Francia, Marrocos, Portugal.
  3. Atender ás visitas institucionais ou de personalidades á sede do CXPX ou a outras dependencias e órganos xurisdicionais ou de goberno xudicial españolas.
  4. Fomentar a participación de xuíces e maxistrados españois en encontros, seminarios, talleres e outras actividades internacionais, así como en organismos e tribunais internacionais.
  5. Dar apoio á actividade do Estado en Xestión de crise e restauración do Estado de Dereito.