O presidente do CXPX inaugura o luns en Pontevedra as XXI Xornadas de Presidentes/as de Audiencias Provinciais

Durante o encontro, analizarase o proxecto de lei de eficiencia organizativa, así como o de eficiencia dixital

Autor
Comunicación Poder Judicial

O presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), p.s., o vogal Rafael Mozo, inaugurará este luns, 12 de xuño, ás 13 horas, na Deputación Provincial de Pontevedra, as XXI Xornadas de Presidentes e Presidentas de Audiencias Provinciais, que este ano se celebrarán na localidade. Na inauguración do encontro tamén intervirán a vogal do CXPX María del Carmen Llombart; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde; e o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez.

Durante o encontro, analizarase o proxecto de lei de eficiencia organizativa, así como o de eficiencia dixital. Os/as asistentes tamén profundarán na aplicación práctica das leis de reforma en materia penal. Ademais, nesta edición das xornadas, que se celebran anualmente, darase conta do resultado das comisións provinciais de coordinación en violencia sobre a muller, constituídas por acordo da Comisión Permanente do CXPX o 25 de xullo de 2018.