Un ano e seis meses de cárcere para unha administrativa do Concello de Viveiro por quedar con máis de 12.000 euros

Tamén lle foi imposta unha multa de 7 meses e 16 días cunha cota diaria de seis euros e tres anos e medio de inhabilitación especial para cargo ou emprego público

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou á pena dun ano e seis meses de cárcere a unha administrativa do Concello de Viveiro (Lugo) acusada de quedar con máis de 12.000 euros da caixa pública. Tamén lle foi imposta unha multa de 7 meses e 16 días cunha cota diaria de seis euros e tres anos e medio de inhabilitación especial para cargo ou emprego público. O fallo, conforme ao veredicto do xurado, tivo en conta a circunstancia atenuante de dilacións indebidas.

O pasado 10 de marzo, o xurado popular declarou culpable de malversación impropia á auxiliar administrativa do Concello de Viveiro acusada de quedar con máis de 12.000 euros de recadación municipal de contribuíntes que pagaron os seus impostos en vantanilla.