Cinco anos de prisión por abusar da nena de oito anos coa que convivía

O tribunal prohíbelle aproximarse ou comunicarse coa vítima por un período de sete anos

Autor
Comunicación Poder Judicial

A sentenza da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a cinco anos de prisión a un home por un delito continuado de abuso sexual cometido sobre unha nena de oito anos coa que convivía.

A Sala considera probado polo relato da vítima, que o acusado se aproveitou da confianza que a nena tiña nel para conseguir que lle fixese tocamentos. Ademais da pena de prisión, o tribunal prohíbelle aproximarse ou comunicarse coa vítima por un período de sete anos e imponlle a obriga de indemnizala en 4.000 euros.