O TSXG condena ao Sergas para pagar 50.000 euros a unha muller polas secuelas dunha operación de xoanetes

A Sección 1ª entende que si existiu consentimento informado, pero de forma "estereotipada, insuficiente e precaria"

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG condena ao Sergas para indemnizar en 50.000 euros a unha muller que como consecuencia dunha operación de xoanetes no hospital de Verín viuse afectada a nivel medular, perdendo a capacidade de camiñar sen a axuda de bastóns ou andador.

A Sección 1ª entende que si existiu consentimento informado, pero de forma "estereotipada, insuficiente e precaria". Considera ademais a Sala que, a pesar de que "non se pode considerar absolutamente errónea a actuación médica", o resultado foi "desproporcionado".