O presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial inaugura mañá as XVI Xornadas Xurídicas de Sarria

As xornadas poderanse seguir en liña

Autor
Comunicación Poder Judicial

O presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, p.s., o vogal Rafael Mozo, inaugurará mañá, 31 de maio, ás 9.30 horas, as XVI Xornadas Xurídicas de Sarria ‘Román García Varela’, que se desenvolverán ata o 2 de xuño na Casa da Cultura da localidade.

No acto de inauguración do encontro, no que este ano se analizarán os retos aos que se enfronta o Estado de Dereito, tamén intervirán o alcalde de Sarria, Claudio Garrido; o vicepresidente segundo e conselleiro de Xustiza, Diego Calvo; o responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera; e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira. A presidenta do Consello Xeral da Avogacía, Victoria Ortega, impartirá o relatorio inaugural.

As xornadas poderanse seguir en liña, a través das seguintes ligazóns:

Mércores: https://youtube.com/live/K-v6CkOV-hI?feature=share 

Xoves: https://youtube.com/live/8puny9vQii4?feature=share 

Venres: https://youtube.com/live/BD3i-qSsYfA?feature=share