Oito anos de prisión para dous mozos por tentar matar cunha carabina ao tío dun deles en Porriño

Os maxistrados entenden que o intento de acabar coa vida do denunciante fíxose con aleivosía

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condena a oito anos de prisión a dous mozos que tentaron matar cunha carabina ao tío dun deles no partido xudicial de Porriño. A Sala os condena, ademais de polo delito de asasinato en grao de tentativa, a sete meses de prisión por tenencia ilícita de armas.

O tribunal considera probado que o sobriño da vítima permaneceu dentro dun vehículo "en funcións de apoio e vixilancia", mentres que o outro acusado se escondeo tras unhas sebes e disparou a arma unha vez que a vítima sentou no seu vehículo e se disponía a abandonar nel a súa vivenda.

Os maxistrados entenden que o intento de acabar coa vida do denunciante fíxose con aleivosía.