O Rexistro Civil de Ferrol comeza a operar con cita previa a través de internet

Desde o 9 de novembro será indispensable pedir cita na web www.xustiza.gal para expedientes de matrimonios, xuras de nacionalidade, certificacións ou fes de vida. O novo sistema mellorará o servizo para a cidadanía e evitará desprazamentos innecesarios ás sedes xudiciais

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Rexistro Civil de Ferrol comezou onte a operar co sistema de cita previa a través de internet para a realización dos seguintes trámites: expedientes e capitulacións matrimoniais, xuras de nacionalidade, expedición de certificacións, fes de vida e duplicados do libro de familia, así como para outros expedientes. Desta forma, preténdese mellorar o servizo que se oferta á cidadanía e evitar desprazamentos innecesarios á súa sede, en cumprimento das medidas implementadas nos edificios xudiciais galegos como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19.

O sistema habilitouse onte, pero o seu uso será obrigatorio desde a segunda semana de novembro. A partir do día 9, no caso de que algunha persoa se desprace á sede do Rexistro Civil de Ferrol sen cita, será remitida á páxina web www.xustiza.gal para que a solicite. As certificacións, fes de vida e duplicados do libro de familia expídense de luns a xoves, de 9 a 13 horas, e os venres, de 9 a 12.30, cada dez minutos. Os expedientes e capitulacións matrimoniais tramítanse os luns e mércores, de 9 a 13 horas, cada 30 minutos; mentres que as xuras de nacionalidade se realizan os martes no mesmo horario e coa mesma frecuencia. Para outros expedientes, as citas daranse os xoves, de 9 a 13 horas, cada 30 minutos.

Nas cidades de Lugo, Pontevedra e Santiago xa se puxo en marcha este sistema, que nos próximos días será implementado no resto de rexistros de Galicia. Este novo servizo, cuxa implantación se realiza desde a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), enmárcase dentro das medidas adoptadas na comunidade galega para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de Xusti