A Audiencia de Ourense condena a dous anos de prisión a un home por un delito de malos tratos habituais

Considera probado que o acusado "humillou e maltratou física e psíquicamente" á súa esposa ao longo dos 21 anos de matrimonio

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a dous anos de prisión e a tres de afastamento da súa muller e as súas fillas, por un delito de malos tratos habituais, a un home que tamén fora acusado de ser autor de violación de morada e incendio do piso no que a súa muller residía xunto ás súas fillas.

A sentenza, que tamén lle prohíbe comunicarse con elas durante cinco anos, considera probado que o acusado "humillou e maltratou física e psíquicamente" á súa esposa ao longo dos 21 anos de matrimonio, tal e como relatou a propia vítima "sen contradicións esenciais" durante o xuízo. Ademais, sinala que os feitos foron corroborados polas fillas da denunciante, que relataron como os seus pais "tiñan discusións frecuentes" e como o acusado "era un home moi violento" que "ameazaba á súa nai".

Con todo, o tribunal absolveuno do delito de violación de morada e incendio por non ser posible precisar a orixe do lume e por considerar que "non existe proba de cargo suficiente que permita acreditar a participación do procesado" nestes feitos, xa que varias testemuñas situárono á hora dos feitos noutro lugar.