O TSXG confirma a condena de catro anos de prisión para un home que atacou cun coitelo á súa parella

O TSXG desestima o recurso de apelación interposto polo condenado

Autor
Comunicación Poder Judicial

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condena a catro anos e catro meses de prisión por un delito de lesións con instrumento perigoso, concorrendo a circunstancia agravante de parentesco, a un home que atacou cun coitelo á súa compañeira sentimental. 

O tribunal da Sección Primeira da Audiencia considerou probado que o procesado agredira á súa parella cando ambos se atopaban no domicilio dunha persoa maior que coidaba a muller, despois de que el se puxese “nervioso e celoso” cando a vítima recibiu unhas mensaxes no seu teléfono móbil.

O TSXG desestima o recurso de apelación interposto polo condenado e conclúe que "de ningunha das maneiras" se pode atender á alegación do recorrente, que aduciu que foi a propia vítima quen se cravou "un coitelo accidentalmente sen que concorrese ánimo algún de lesionar".